Distribuciones Linux

Podemos encontrar aquí capturas de pantalla de cientos de distribuciones linux:

http://www.chrishaney.com/?linux&thumbnails

Ubuntu Tweak: Optimiza o teu Ubuntu

Esta ferramenta permite poñer a punto o noso Ubuntu rápida e comodamente. Está chea de opcións para facer de forma sinxela tarefas, ás veces, un pouco complicadas como instalar Compiz Fusion, colocar o lixo no escritorio, instalar certas aplicacións etc ...
Podes visitar á súa páxina e descargarlo  usando este enlace.

Wikimedia Commons: Unha mediateca libre.

En Commons podedes atopar todo tipo de arquivos multimedia libres, é dicir con licenza Creative Commons.  Pode ser un complemento ideal para crear materiais libres. Tamén podemos aportar a esta mediateca o noso material para que outros o utilicén ou simplemente para terlo a man. 

Enlaces:
Subir  arquivos a Wikimedia Commons.

Galipedia - Wikipedia. Unha revolución no ensino?

Poderíamos utilizar a Wikipedia como unha ferramenta máis no ensino?
Pensamos que si. Wikipedia ten moitas posibilidades na ensinanza de linguas estranxeiras e maternas, mellorando a motivación. Pode, tamén, ser interesante para as titorías no proxecto iterdisciplinar. Un exemplo pode ser este artigo froito do traballo dos alumnos do noso IES e a colaboración da comunidade da Galipedia. Aprender e colaborar, unha boa combinación.

http://gl.wikipedia.org/wiki/IES_Illa_de_Sar%C3%B3n

Audacity: Un editor de son GNU


Audacity é un editor de son  semi-profesional que nos permite editar son con varias pistas, exporta en moitos formatos, e é lixeiro e sinxelo de utilizar. Existen versións para Linux, Mac e Windows.
Ten moitas aplicacións, editar arquivos de son, converter formatos, engadir voz a música, facer podcast, gravar unha maqueta musical, ... 
Podedes descargalo dende aquí.
Para ver a documentación prema neste enlace
Na rede atópanse moitos vídeos de axuda tanto iniciarse en este programa.

Convértete en produtor. Chega o Cine Colectivo.

"El Cosmonauta" é a primeira película na que podes participar como produtor. Trátase dun proxecto de Cine Colectivo dirixida por Nicolás Alcalá. A idea é sinxela: invistes uns cartos e eles financian así a película, loxicamente necesitan moita participación. Polo momento xa teñen 2453 produtores. A película, que de momento está en desenvolvemento, distribuirase baixo licenza Creative Commons.


http://elcosmonauta.es/

Cine Creative Commons

As licenzas Creative Commons permiten a aparición dunha nova filosofía á hora da creación de novos contidos audiovisuais. Nela xa non existen "piratas" pois todos somos libres para ver, copiar, prestar e mercar si queremos esas creacións.
Big Buck Bunny é un exemplo desa filosofía. O corto de animación foi realizado integramente con software libre e ten unha licenza Creative Commons 3.0.





Por certo, non vedes certo parecido entre Big Buck Bunny e Richard Stallman?

Richard Stallman explica en castelá que é o "Software Libre"

Richard Stallman explica que é o Software Libre. (Parte 1 de 2).


Escritorio 3D Avanzado en Ubuntu 10.04

Neste vídeo podedes ver algunhas das posibilidades que ofrece o escritorio 3d en linux.


Pon unha licenza Creative Commons na túa obra.

Si queres conservar os dereitos das túas publicacións pero permitir tamén a súa publicación e distribución libre visita este enlace.
Visita tamén a páxina de Creative Commons en España.

Software Libre para sistemas no libres.

O software libre pódese instalar en calquera sistema operativo.
Os usuarios de Windows podedes visitar esta páxina e descargar centenares de aplicacións no seu amplo catálogo.

Si utilizas un Mac, podes visitar este enlace.

Manual de introducción a Gimp

Gimp é unha poderosa ferramenta de retoque de imaxe dixital. Neste enlace podedes descargar un manual introdutorio de Antoni Marín.
Podes descargar o ficheiro directamente dende aquí.

Instalar Ubuntu 10.04

Un interesante enlace para instalar Ubuntu 10.04 sen moitas dificultades.
Fai click neste enlace.
Unha vez rematada a instalación é posíbel que che interese visitar este enlace.
Ubuntu Tweak pode ser unha boa solución para poñer a punto Ubuntu de forma sinxela.

Presentación

Benvidos e benvidas o blogue do proxecto Abalar.
Será este un espazo de información e formación sobre o proxecto Abalar e sobre o obradoiro de formación do profesorado.